Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A vella Ponte Internacional convértese hoxe nun escenario privilexiado da creatividade galega e portuguesa

18/07/2026

Cultura, artesanía, gastronomía das dúas beiras do Miño conflúen hoxe na vella Ponte Internacional Tui-Valença.

30 expositores, 8 grupos en directo, foros, presentacións… conforman a Ponte Creativa & Enogastronómica que dentro da programación do IKFEM se celebra hoxe sábado.

Dende as doce do mediodía e até ás doce da noite acollerá esta actividade multidisciplinar que tende novas pontes creativas entre as dúas beiras do Miño.

A Ponte Creativa & Enogastrónomica celebrada na vella Ponte Internacional dentro da programación do IKFEM Festival contou co financiamento da Eurocidade Tui-Valença a través do Programa de Cooperación INTERREG VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 denominado "0421_UNICIDADE_2030_1_E: UNICIDADE 2030: Implementación de la Estrategia de la Eurociudad Tui – Valença”.

Programación: 

  • De 12.00 a 00.30 h. (ES) PONTE INTERNACIONAL TUI-VALENÇA. Ponte Creativa & Enogastronómica
  • 12.00 h ES Inicio Ponte Creativa & Enogastronómica
  • 12.00 h - 13.00 h Concerto Hall Still Echoes. Escenario Tui.  
  • 12:45 – 13:30h (ES) Produto / cata – Escenario central. Adega Rolán. Sweet Marso. Bodega Quiñóns da Insua. Conecta Té
  • 13:30 – 14:30h (ES) Concerto Sheila Patricia. Escenario Valença
  • 14:30 – 15:30h (ES)  Música ambiente  
  • 15:30 – 16:30h (ES) Concerto Julián Maeso. Escenario Valença
  • 16:15 – 17:00h (ES) Produto / cata – Escenario central. Adega Edmun Do Val. Crocante. Bodega Corisca. Confitería Rogelio.
  • 17:00 – 17:30h (ES)  Presentación MIMU – Julián Maeso. Escenario central
  • 17:30 – 18:30h (ES)  Concerto Monção Brass. Escenario Tui
  • 18:30 – 19:30h (ES)  Concerto Best Boy. Escenario Valença
  • 19:30 – 20:30h (ES) FORO ARTESANÍA: “Diálogos transfronteirizos sobre Saberes Artesanais”,  en colaboración co IX Foro Cultura e Ruralidades do Ministerio de Cultura do Goberno de España. Escenario central
  • 20:30 – 21:30h (ES). Concerto Maria João Soares. Escenario Tui 
  • 21:30 – 22:30h (ES)  Concerto La MMarca. Escenario Valença
  • 22:45 – 00:30h (ES) Sesión DJ – Señora DJ. Escenario Valença