Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Valenca e Tui celebran conxuntamente o Día da Muller

3/03/2010
O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença van celebrar este ano de xeito conxunto o Día da Muller Traballadora que ten lugar este luns 8 de marzo. Os programa desenvolverase nos dous municipios dende o venres e ata o luns.

    As actividades previstas comezan o venres en Tui co reparto de flores ás mulleres que acodan á representación da obra "As Actas Escuras" no Teatro Municipal.

    O sábado en Valença haberá unha xornada de portas abertas na Piscina Municipal con entrada gratuíta para as mulleres, e pola tarde haberá unha aula de Hidroximnasia. Ás 22.30h celebrarase un desfile de moda no Largo da Estaçao de Valença con posterior animación a cargo de Salsa Rosa.

    O domingo pola mañá de 10 a 11 medirase a tensión, diabete e colesterol no Centro de Interpretación da Ecopista de Valença, e ás 11h comezarase unha camiñada na Ecopista seguida dunha charla sobre "Hábitos Saudables de alimentación". Pola tarde, ás 18hora española, proxectarase o documental "Mulleres da raia" de Diana Gonçalves na Escola Básica 2 e 3 de Valença.

    Xa o luns, Día Internacional da Muller Traballadora. Haberá unha entrega de flores ás mulleres de Tui e Valença coma homenaxe simbólica. As flores levarán unha tarxeta cun poema galego e un portugués E pola tarde, ás oito celebrarase un concerto ofrecido por mulleres con este moito no Conservatorio Profesional de Grao Medio de Tui.


Por xentileza de www.galiciasuroeste.info