Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Unha véntena de comercios, actividades musicais e infantís conformarán a Feira de Oportunidades de Tui

11/03/2020

Celebrarase o sábado 21 e o domingo 22 de marzo no Paseo da Corredoira

O paseo da Corredoira de Tui acollerá o sábado 21 e o domingo 22 de marzo, de 10 a 20 h, a Feira de Oportunidades de Tui organizada por ACITUI, a Asociación de Comerciantes de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.

Este evento foi presentado este mediodía na casa do concello por Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Ana Mª Núñez, concelleira de Comercio, Juan Carlos Blanco, presidente, Manuel Santos, vicepresidente e Quina González vogal de ACITUI.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, amosou o seu recoñecemento a ACITUI polo traballo que realizan para potenciar o comercio local. Tamén deu conta do traballo que o Concello está a realizar para crear unha contorna urbana máis amable que viabilice e promova o comercio local. Tamén lembro Enrique Cabaleiro que “o comercio forma parte da nosa historia, así foi dende os orixes da cidade e un plus de responsabildiade para todos nós que iso siga sendo así”.

A concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, explicou o concello colabora na feira dentro das actividades de impulso e dinamización do comercio local.

Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI, indicou que tras un par de anos volven recuperar este evento que amosará na rúa os produtos dos comercio local, que ao tempo aproveitará para eliminar os stocks.

Quina González foi a encargada de explicar que na Feira de Oportunidades participarán 20 comercios de Tui e da contorna que achegarán produtos de téxtil, calzado, complementos,… tamén haberá un posto de alimentación vegana e estará presente a Protectora de Animais Aloia.  Cada comercio ofertará os seus produtos nunha carpa blanca de 3 x 3 metros co que será unha feira máis vistosa. Para darlle tamén un carácter festivo haberá actividades como actuacións musicais, animación infantil, inchables, exposición de coches antigos e a presenza de Mickey e Minnie.