Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Unha unidade móbil para a inspección técnica de ciclomotores visitará Tui o 14 de maio

22/04/2015
Unha unidade móbil para a inspección técnica de ciclomotores estará en Tui o xoves 14 de maio para facilitar así aos propietarios destes vehículos pasar a correspondente ITV.
A unidade estará situada no parque de maquinaria do Concello de Tui en Guillarei. O horario de atención será de 9 a 13.30h. Os interesados deberán solicitar cita previa no 902 30 90 00 ou ao través da web www.sycitv.com.