Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Un tren turístico une a Eurocidade Tui-Valença durante o Nadal

9/12/2015

Un tren turístico conecta á Eurocidade Tui-Valença durante estas festas de Nadal. Os usuarios que se suban ó tren poden coñecer  o centro histórico tudense e a Fortaleza de Valença ou a beleza do río Miño atravesando a Ponte Internacional. Coma novidade o percorrido vai acompañado dunha locución explicativa do percorrido.

O punto de saída do tren en Tui é a Praza da Inmaculada. Hai frecuencias todos os días ás 11.30h, 12.30h e 13.30h e pola tarde ás 16.30h e 17.30h.  A duración do traxecto é dunha hora, e o prezo do billete é de 3 euros para os adultos, 2 euros para os grupos de dez persoas ou máis e 1,5 euros para os nenos menores de 10 anos.

Con esta iniciativa, tanto Tui coma Valença pretenden impulsar o turismo nestas datas amosando os encantos da Eurocidade. O tren funciona diariamente ata o día de Reis.