Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Últimos días de inscrición nos cursos de inglés e arte da Uned Senior

11/02/2011

Últimos días de inscrición para os cursos da UNED Senior que organiza a Aula da UNED de Tui

 

Venres, 11 de febreiro de 2011. A Aula da Uned de Tui organiza ao abeiro da denominada “Uned senior” dous cursos de formación dirixidos especificamente aos nosos maiores, en concreto son actividades para persoas maiores de 45 anos da idade o menores de forman parte de grupos de risco social ou discapacitados. A inscrición remata nos vindeiro días pois as actividades comezan xa na vindeira semana.

 

En concreto esta oferta de cursos abrangue os seguintes:

  1. Inglés básico, a nivel de iniciación. Será impartido pola profesora Blanca Hermida Velasco Este curso impártese os martes de 17 a 19 horas comezando o vindeiro martes 15 de febreiro.
  2. “Aproximación á historia da arte a través do patrimonio de Tui e Valença” que contará como profesores con Rafael Sánchez Bargiela e Isilda Salvador Vilela Martíns. Este curso é os xoves de 17,00 a 19,00 horas iniciándose o xoves 17 de febreiro.

 

Os cursos terán unha duración de 30 horas e comezaran o próximo martes 15 de febreiro, rematando o 19 de maio.

 

O prezo destes cursos é de 50 Euros, e os alumnos recibirán un certificado e acreditación da Universidade de superación da materia xa que os cursos están avalados pola UNED. A matrícula pódese realizar on-line a través do enlace á Uned-senior: http://www.quned.es/mvg/senior/2322, onde poden consultar tamén o calendario dos cursos e outros datos de interese.

 

As persoas interesadas poden tamén recoller información na Aula UNED de Tui (rúa Antero Rubín, antigo convento de San Domingos) os  mércores e xoves pola tarde. Tamén na Biblioteca Municipal de Tui pódense recoller as fichas de matrícula.

 

Para o Concello de Tui estas novas actividades da Aula da Uned confirma a importancia da implantación deste centro universitario na nosa cidade ao ampliar a oferta educativa non só para os estudantes do curso de acceso á universidade senón para a propia sociedade tudense e da bisbarra que poden acceder deste xeito a un amplo programa formativo en diversas materias.