Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Últimas prazas para o curso de Riscos Laborais na Construción que comeza o día 6

27/08/2021

Quedan so dúas prazas para o curso básico de prevención de riscos laborais na construción que se vai celebrar en Tui do 6 ao 17 de setembro de luns a venres de 15.30 h a 21.30 h. Está organizado polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción. 

Este curso Básico de Prevención en Riscos Laborais ten cunha duración de 60 horas. 

As persoas interesadas deben enviar, á maior brevidade, a ficha de inscrición, accesible en tui.gal, ao correo cfo@tui.gal.  

Pódese ampliar esta información de luns a venres de 9 a 14 h no 986 60 39 49.

Ficha de inscrición