Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A última proba do III Open de Andainas de 25 quilómetros disputarase en Tui

13/10/2016

Será este domingo 16 de outubro, dende o pavillón da Macoca


Tui. Mércores, 12 de outubro de 2016. Por terceiro ano consecutivo, Tui será sede dunha das probas do Open de Andainas 25 quilómetros, organizado polo Club Xistra de Vigo, en colaboración coa colaboración da Federación Galega de Montañismo, o Concello de Tui e a Entidade Menor de Pazos de Reis.

Este domingo 16 de outubro, dende o pavillón deportivo da Macoca, sairá esta quinta e última proba que resolverá os campións da Copa de Andainas Populares de Regularidade, tras as realizadas en Vigo, Pontedeva, Montes de Vigo e Gondomar.

A recollida das acreditacións empezará ás 08.15 horas, sendo a reunión técnica ás 08.45 horas e a saída ás 09.00 horas.

O trazado partirá dende o Pavillón da Macoca, subindo ata o Castro do Alto dos Cubos. Baixará cara ós muíños de Tripes e logo ascenderá ata a senda botánica e o Centro de Interpretación do Parque. Pasará pola Pedra do Acordo. A última ascensión será ata a Capela de San Xulián no Monte Aloia, para descender polo Rego de Pedra e retornar ó Pavillón da Macoca.

As inscricións aínda están abertas a través da páxina web www.xistra.org/copaandainas25