Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui rexistra 21 casos activos por COVID 19

2/10/2020

Dende o luns rexistrouse un descenso no número de pacientes afectados por coronavirus

O número de casos activos por covid-19 en Tui é nesta xornada de 21 . Está é a cifra dada a coñecer no día de hoxe ao alcalde de Tui.  Experimentouse un descenso no número de persoas afectadas de coronavirus dos 31 que se rexistraron o luns aos 21 da xornada de hoxe. 
Dende o concello de Tui, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valora positivamente este descenso rexistrado no número de persoas con coronavirus, pero fai un chamamento á poboación a non baixar a garda e seguir respectando as normas establecidas para facer fronte á covid-19.