Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui repartirá máis de 8.000 euros en premios e accésit no Desfile de Entroido, a inscrición de comparsas do 1 ao 10 de febreiro

22/01/2007

Tui repartirá máis de 8.000 euros en premios e accésit no Desfile de Entroido
A inscrición será do 1 ao 10 de febreiro limitándose a 20 as comparsas participantes

A Concellería de Cultura, Comercio, Turismo e Medios de Comunicación, do Concello de Tui vén de facer públicas as bases que rexerán no Desfile-Concurso de Entroido a celebrar o martes 20 de febreiro nun circuíto pechado polas rúas novas da cidade. A principal novidade con respecto a anteriores edicións está no aumento da contía económica dos accésit de participación paras comparsas tudenses co que se buscar potenciar a presenza de agrupacións locais.

O prazo de inscrición ábrese o xoves 1 de febreiro, podendo realizarse ate o 10 de febreiro no Departamento de Cultura ou no Rexistro de Entrada do Concello de Tui no impreso normalizado para tal fin, en horario de 10 a 13h. Establécese a participación dun máximo de vinte comparsas, por orde de inscrición, coa salvedade de que nunca unha comparsa de Tui quedaría fóra do desfile.

Neste concurso poderán participar comparsas integradas por un mínimo de vintecinco persoas disfrazadas, que poderán ir acompañadas de carroza, cun máximo de catro metros de altura, e de acompañamento musical, xulgándose nesta categoría que a música sexa en directo realizada con instrumentos musicais.

O xoves 15 de febreiro, ás 20h no salón de sesións da Casa do Concello, asignarase mediante sorteo público a orde en que desfilarán as comparsas, debendo asistir ao sorteo un representante, maior de idade, de cada comparsa

O Desfile-Concurso de Entroido celebrarase o martes de Entroido, 20 de febreiro, Festivo Local en Tui, dende ás 18 horas, nun circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. O xurado, integrado por un delegado das asociacións culturais de cada parroquia e do casco urbano de Tui, así coma por membros do Departamento de Cultura, será o responsable de outorga-los premios establecidos, tendo en conta coma méritos a calidade, orixinalidade, a dificultade de realización, e a acollida por parte do público. O xurado poderá amais declarar deserto un ou varios premios, así coma diminuír a contía dos accésits outorgados por participación.

A Concellería de Cultura vai repartir, neste Desfile-Concurso, máis de oito mil euros en premios e accésits. En comparsas establécense premios para as seis mellores. A gañadora recibirá 500 €, a segunda 400 €, a terceira terá un premio de 300 €, a cuarta, 200 €, a quinta 100 € . Na modalidade de Carrozas haberá catro premios de 400, 300, 200 e 100 € Por último os premios de Acompañamento Musical son de 300 €, 200 € e 100 €.

Amais establécense unha serie de accésits pola participación. As comparsas de Tui que vaian acompañadas de carroza recibirán 500 €, e no caso de non ter carroza 250 €. As comparsas doutros municipios recibirán por estar presentes no desfile 250 € no caso de ir acompañadas de carroza, e 125 € se carecen da mesma.

Nas bases deste Desfile-Concurso recóllese que para que os premios e os accésit sexan abonados as comparsas deberán acudir na súa totalidade, de rigoroso loito ao Enterro do Bacallao, a celebrar o domingo 25 de febreiro. O enterro partirá da Praza de San Fernando, ás 19.30 h, percorrendo ás rúas Seixas, Ordóñez e Paseo da Corredera, onde se fará unha parada no Cantón de Diómedes para ler as coplas, debéndose entregar previamente unha copia á organización, coa cara descuberta, por parte das comparsas que así o desexen. O percorrido do enterro continuará pola Praza da Inmaculada, Augusto González Besada, enlace travesía de Ourense e Aparcamento Municipal, onde se procederá á cerimonia do enterro mediante incineración.

ENTROIDO 2007
Bases de Participación no Desfile - Concurso de Comparsas
Martes 20 de febreiro de 2007 ás 18:00h
PRIMEIRA ORGANIZACIÓN
A Concellería de Cultura, Comercio, Turismo e Medios de Comunicación do Excmo. Concello de Tui convoca ao
través do Departamento de Cultura, o tradicional Concurso - Desfile de Comparsas, que se realizará dentro do
programa de actividades e espectáculos do Entroido 2007 na Cidade de Tui.
SEGUNDA INSCRICIÓNS
As inscricións das Comparsas faranse dende o xoves 1 de febreiro, no Departamento de Cultura ou no Rexistro de
Entrada do Excmo. Concello de Tui, en impreso normalizado para este fin, en horario de 10:00h a 13:00h de luns a
sábados, ata o sábado 10 de febreiro, inclusive. Existirá un límite de prazas, onde só poderán participar ás 20
primeiras inscritas, facendo a salvedade de que nunca unha comparsa do Concello de Tui, quedará fóra do concurso.
TERCEIRA MODALIDADES
COMPARSAS: mínimo de 25 persoas disfrazadas en conxunto, ata un máximo indefinido.
CARROZAS: xulgaranse tódalas carrozas inscritas no concurso. (altura máxima: 4m)
ACOMPAÑAMENTO MUSICAL: xulgarase a música en directo realizada mediante instrumentos musicais.
CUARTA CRITERIOS DE VALORACIÓN
O xurado ten liberdade absoluta para xulgar aos participantes nas diferentes modalidades a concursar, e en
consecuencia conceder os premios e accésits. En todo caso terá en conta coma méritos, entre outros, a calidade, a
orixinalidade, as dificultades de realización, e a reacción do público, é dicir, a súa acollida, utilizando un baremo de
puntuación de 0 a 10 puntos. No acompañamento musical, valorarase que a música sexa en directo, co
acompañamento de instrumentos musicais ou rítmicos, a animación e o ambiente que cree en xeral no público.
O xurado pode declarar deserto un ou varios premios, así coma, diminuír a contía dos accésits outorgados por
participación, no caso de falta de criterios de valoración claros e específicos, como de non participación total no
Enterro do Bacallao, ou asistencia tardía o mesmo.
QUINTA PREMIOS E ACCESITS
PREMIOS COMPARSAS CARROZAS ACOMP. MUSICAL ACCÉSITS COMPARSAS
TUDENSES
COMPARSAS
FORÁNEAS
1º PREMIO 500 € 400 € 300 €
2º PREMIO 400 € 300 € 200 €
3º PREMIO 300 € 200 € 100 €
CON CARROZA 500 € 250 €
4º PREMIO 200 € 100 €
5º PREMIO 100 €
SEN CARROZA 250 € 125 €
Os premios e os accésits serán abonados, sempre e cando, os premiados e as comparsas participantes acudan na
súa totalidade e de rigoroso loito ao Enterro do Bacallao, acompañados de instrumentos musicais ou rítmicos
(aconséllase distintivo visual), a celebrar o domingo 25 de febreiro ás 19:30h dende a Praza de San Fernando, percorrendo
as rúas Seixas, Porta da Pía, Ordóñez, Corredoira, con parada no Cantón de Diómedes para realizar o funeral,
pregando pola súa alma, lendo ou cantando as coplas (entregar copia a organización previamente) ao finado Bacallao, quen
desexe coa cara descuberta (5’ máximo), seguindo pola Praza da Inmaculada, Augusto G. Besada, enlace travesía da
Rúa Ourense e Aparcamento Municipal, onde se procederá a cerimonia de enterro mediante a incineración .
SEXTA PERCORRIDO
A concentración de participantes farase ás 17:00h no tramo final da rúa Casal Aboy, e rúa A Guarda, accedendo ao
lugar pola intersección da rúa Maristas coa rúa Ourense, para saír ás 18:00h, percorrendo un circuíto pechado ao
tráfico polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. (ver mapa anexo)
SÉTIMA ORDE DE SAÍDA
O número de orde de saída dos participantes inscritos no desfile asignarase mediante sorteo público, que se
realizará o xoves 15 de Febreiro ás 20:00h no Salón de Sesións do Excmo. Concello de Tui, onde deberá asistir
obrigatoriamente un representante, maior de idade, por cada inscrición realizada, outorgándolle un número que
deberá levar cada participante nun lugar visible, tanto no desfile coma no Enterro do Bacallao.
OITAVA XURADO
O xurado estará formado por un delegado das asociacións culturais de cada parroquia e do casco urbano de Tui,
así coma, por membros do Departamento de Cultura da Concellería de Cultura, Comercio, Turismo e Medios de
Comunicación do Excmo. Concello de Tui.
Excmo. Concello de Tui - Departamento de Cultura - Praza do Concello, 1 - 36.700 TUI
Teléfono: 986 60 36 25 ext: 30 - Fax: 986 60 40 23 - cultura@concellotui.org