Tui pecha a programación do 8M con Asdomare con Vero Rilo e Sonsoles Penadique
26/03/2025
Este espectáculo para público familiar chegará este domingo 30 de marzo ás 12.30 h ao Mercado de San Antonio
O espectáculo “Asdomare” de Vero Rilo e Sonsoles Penadique pecha este domingo, ás 12.30 h no Mercado de San Antonio a programación do 8M organizada polo Concello de Tui.
Neste espectáculo, “Asdomare”, dirixido a público familiar Vero Rilo e Sonsoles Penadique contarán unha historia que levará ao público a coñecer a realidade das mulleres do mar, ou do mar das mulleres. É tamén a senda dos faros que alumean A Maruxaina, A pedra do cú da raíña, os cantos das conserveiras... Todo o que o mar quita, todo o que o mar deixa.
“Asdomare” ten unha duración de 50 minutos. A entrada é libre e gratuíta.