Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui despide o Entroido este domingo co Enterro do Bacallau

7/03/2014

 

Venres, 7 de marzo de 2014. Tui despide este domingo o Entroido coa celebración do Enterro do Bacallau. A cita será ás 19.30h con saída dende a Praza de San Fernando, para pasar polas rúas Seixas, Porta da Pía e Ordóñez ata o Paseo da Corredoira, onde a comitiva fará un alto  no Palco da Música para dar lectura ao testamento do Bacallau e ás coplas. O percorrido continuará pola Praza da Inmaculada, rúa Augusto González Besada e enlace coa rúa Ourense, ata o aparcamento municipal, na traseira da Área Panorámica, onde se procederá a súa incineración.

Todas as comparsas que o pasado martes participaron no Desfile-Concurso de Entroido deberá acudir o domingo ao Enterro do Bacallau.

Co gallo da celebración do Enterro do Bacallau o domingo  estará pechado o aparcamento municipal, e por tanto non se poderá estacionar, de  14h e ata ás 24h. Amais tampouco se poderá estacionar nas rúa Seixas dende ás 17.30h ata ás 20.30h e se pechará á circulación dende ás 18.30h.