Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui despide o Entroido co "Enterro do Bacallau" o domingo ás 19,30 h.

27/02/2009

Tui despide o Entroido co Enterro do Bacallau

Será o domingo ás 19.30h dende a Praza de San Fernando

 

Venres, 27 de febreiro de 2009. Tui despide este domingo o Entroido co Enterro do Bacallau. A comitiva partirá da Praza de San Fernando, ás 19.30 h, percorrendo ás rúas Seixas, Ordóñez e Paseo da Corredoira, onde se fará unha parada no Cantón de Diómedes para ler as coplas, debéndose entregar previamente unha copia á organización, coa cara descuberta, por parte das comparsas que así o desexen. O percorrido do enterro continuará pola Praza da Inmaculada, Augusto González Besada, enlace travesía de Ourense e Aparcamento Municipal, onde se procederá á cerimonia do enterro mediante incineración.

 

Compre lembrar que  segundo o estipulado nas bases do Desfile-Concurso celebrado o pasado martes ao Enterro deben acudir todas as comparsas na súa totalidade, de rigoroso loito. Dende a Concellería de Cultura calcúlase que máis de 800 persoas participarán activamente na despedida do Entroido.

 

 

Enterro do Bacallau

Data e hora: Domingo ás 19.30h

Lugar: Saída o domingo ás 19.30h dende a Praza de San Fernando, para no Palco da Música, e incineración no aparcamento municipal