Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui despide o domingo o Entroido co Enterro do Bacallau

19/02/2010

Establécese un premio para a mellor Drag Queen

Tui despide o Entroido co Enterro do Bacallau

Será o domingo ás 19.30h dende a Praza de San Fernando

 

Venres, 19 de febreiro de 2010. Tui despide este domingo o Entroido de 2010 co tradicional Enterro do Bacallau que partirá ás 19.30h dende a Praza de San Fernando. A comitiva fúnebre será multitudinaria ao estar integrada por todos os grupos e comparsas que o pasado martes participaron no Desfile-Concurso de Entroido, xunto a todos aqueles que se queiran sumar nesta despedida.

 

Dende a Praza de San Fernando irán ata o Paseo da Corredoira onde se dará lectura ao testamento do Bacallau. E amais este ano farase entrega dun premio á mellor Drag Queen. Para este concurso non se require inscrición previa, basta con estar presente no momento da lectura do testamento.

 

Logo a comitiva continuará ata a parte posterior da Área Panorámica, no aparcamento municipal, onde se procederá á incineración do Bacallau.

 

Por mor desta celebración a Policía Local informa que non se poderá estacionar na rúa Seixas dende ás 16.30h ás 20.30h e non se poderá circular pola mesma a partir das 18.30h.

 

 

Enterro do Bacallau

Data e hora:  Domingo, 21 de febreiro, ás 19.30h

Lugar: Saída dende a Praza de San Fernando, parada na Corredoira para ler o testamento, e incineración no aparcamento municipal.