Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui despide o ano con música: concerto de fin de ano o vindeiro venres

28/12/2011

Tui despide o ano con música

A Coral da S.I. Catedral e a Banda de Música Popular de Tui protagonizan o concerto de Fin de Ano

 

Martes, 27 de decembro de 2011. Están xa á venda ás entradas para o Concerto de Fin de Ano que se vai celebrar este venres, 30 de decembro, ás 21h, no Teatro Municipal de Tui. Este evento vai correr a cargo da Coral Polifónica da S.I. Catedral de Tui e da Banda de Música Popular de Tui dirixida por Adolfo Besada.

 

A Coral Polifónica da S.I. Catedral de Tui estará acompañada ao órgano por Don Ángel Viro Caamaño e dirixida por Don Agustín Sobral. Interpretarán o seguinte programa:

  • Gloria Navideño de los ángeles ........................P. Erdozain
  • Blanca Navidad..................................................Irving Berlin
  • Noche de Dios, Noche de Paz...........................Franz Gruber
  • Éxodo.................................................................Ernest Gold
  • Señor, me cansa la vida....................................Juan A. García (Poema de Antonio Machado)
  • Edelweis (Bella flor de los Alpes)......................Richard Rodgers
  • Miña Terriña.......................................................R. Soutullo e J. Vert
  • (Adapt. Coral e letra: Ángel Viro)
  • El Peregrino.......................................................Arranxo para coro de Ángel Viro

 

A batuta da Banda de Música Popular de Tui será levada por Adolfo Besda para ofrecer:

  • Antañona ...........................................................F. Tormo Ybáñez
  • Oregon................................................................Jacob de Haan
  • Immer Kleiner......................................................Adolf Schreiner
  • Trompeta de Sonho.............................................Clementino Silva
  • Happy Mallets......................................................Harm Evers
  • Jingle Bells...........................................................Tradicional
  • Beauty an the beast ............................................Alan Menken
  • Danubio Azul ......................................................J. Strauss
  • Radetzky..............................................................Strauss

 

Ao remate as dúas agrupación interpretarán de xeito conxunto Adeste Fidelis e Viva Tui.

 

Dende o departamento de Cultura informan que non aqueles espectadores que cheguen unha vez comezado o concerto terán que agardar ao descanso previsto entre as actuacións das dúas agrupacións para poder acceder ao patio de butacas.

 

As entradas para esta función están xa á venda na web www.culturatui.info  ata o venres ás 13h, e o venres dende ás 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 2€.

 

Con este concerto a Concellería de Cultura de Tui pecha a programación do ano 2011 na que en conxunto se celebraron 73 actividades das que disfrutaron 21.500 usuarios. Unha programación que estivo marcada polo 125 aniversario da vella Ponte Internacional.

 

Concerto de Fin de Ano

Data: Venres, 30 de decembro, ás 21h

Lugar: Teatro Municipal

Entradas: Na web www.culturatui.info  ata o venres ás 13h, e o venres dende ás 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 2€.