Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui celebra na fin de semana a XV Feira de Artesanía, con trinta postos na rúa Ordoñez

13/05/2011

Tui celebra na fin de semana a XV Feira de Artesanía

Reúne máis de trinta postos na rúa Ordóñez

 

Venres, 13 de abril de 2011. Tui celebra esta fin a décimo quinta edición da Feira de Artesanía organizada pola Concellería de Cultura. Vaise celebrar mañá sábado e o domingo na rúa Ordóñez co presenza de máis de 30 postos de exposición e venda de artesanía, así coma coa presenza da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño traballando ao longo de toda a fin de semana ao aire libre.

 

Na feira haberá variedade de obxectos feitos de forma artesán con cerámica, coiro, pirogravado, macramé, madeira, cristal... Dos artesáns presentes 9 de son de Tui, 20 da provincia de Pontevedra, 6 da provincia da Coruña, 2 de Ourense e 2 de Lugo.

 

O obxectivo da feira é darlle pulo a artesanía galega ao tempo que potenciar e dar a coñecer o conxunto histórico de Tui, sendo este evento un reclamo para que numerosos visitantes se acheguen á cidade na fin de semana.

 

A feira abrirá as súas portas de 12 a 22h tanto o sábado coma o domingo. A inauguración será o sábado ás doce do mediodía, actuando a continuación o grupo de gaitas “San Xoán” de Paramos. Pola tarde ás seis actuará o grupo folclórico “Inquedanzas” de Pazos de Reis. Xa o domingo ás 12h será a quenda do grupo folclórico “O Mosteiro” de Pexegueiro e ás 18h do grupo folclórico “Xuntanza” de Randufe.

 

A feira foi presentada esta mañá polo Alcalde, Antonio Fernández Rocha, e o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, que estiveron acompañados por sete artesáns de Tui.

 

Nesta presentación o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, destacou que a feira conta cun orzamento un 33% inferior ao do ano pasado, pero mantendo a calidade. Explicaba que é unha honra que cada vez haxa máis artesáns en Tui, con carta de artesáns, prestando axuda dende o concello nos trámites para obter este certificado.

 

Pola súa parte o Alcalde, Antonio Fernández Rocha, salientou que a coincidencia na fin de semana do Campionato de España de Baloncesto Junior vai contribuír a que máis xente se achegue a Tui. Apuntaba que a feira serve para dar a coñecer aos artesáns e os traballos que realizan . Salientaba tamén o gran valor deste produtos.

 

Mentres os artesáns presentes explicaron os obxectos que realizan, Paco é cesteiro, Natalia presentará coma novidade monecas feitas a man e camisetas exclusivas, Yoli de Meiga Complementos Artesáns achega bolsos, broches, diademas, cintos ou carteiras feitas con ganchillo e produtos de reciclaxe. Emilia Rosende presentará obxecto en barro e Antonio González pezas de canteiría. Amais Pilar da Asociación de Palilleiras do Baixo, presentes dende o primeiro ano na feira, achegarán flores, manteis, chales, abanicos en algodón, seda ou liño.

 

Restricións no tráfico

 

Debido á celebración da Feira de Artesanía estará prohibida a circulación e o estacionamento de vehículos na rúa Ordóñez, dende o Palco da Música ata o acceso á Porta da Pía, dende hoxe venres ás sete da mañá ata o luns ás dúas da tarde.

 

 

XIV Feira de Artesanía

Data: Sábado 14 e domingo 15 de maio

Horario: de 12 a 22h

Lugar: Rúa Ordóñez (paralela á Corredoira)

Actividades:

-         

Sábado 14

·       

Ás 12h Grupo de gaitas San Xoán de Paramos

·       

Ás 18h Grupo folclórico Inquedanzas de Pazos de Reis

-         

Domingo 15

·       

Ás 12h Grupo folclórico O Mosteiro de Pexegueiro

·       

Ás 18h Grupo folclórico Xuntanza de Randufe

Organiza: Concellería de Cultura de Tui

Colabora: Asociación de Palilleiras do Baixo Miño