Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui celebra esta fin de semana a "Xornada Europea da Cultura Xudía" con diversas actividades

1/09/2011

TUI CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA A “XORNADA EUROPEA DA CULTUR XUDÍA”

Visitas guiadas, un Shabat gastronómico e unha exposición conforman o programa

 

Hoxe ás 12,30 horas na Sala de Concelleiro do Casa do Concello tudense foi presentado polo Alcalde da localidade, Moisés Rodríguez Pérez, a a concelleira de cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, o programa de actividades a desenvolver na nosa cidade nesta fin de semana coa celebración da “Xornada Europea da Cultura Xudía” que o Concello de Tui organiza para poñer en valor este aspecto da historia e do patrimonio tudense.

O programa é o seguinte:

 

Dende o venres 2 de setembro:

20,00 h.: Exposición “Tui Sefarad”

Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Tui e  S. I. Catedral de Tui

Colabora: Asociación de Amigos da Catedral de Tui. Aberta ao público na Capela de San Telmo da Catedral de Tui ata fin de setembro.

Sábado 3 de setembro:

12,30 h.: Visita guiada polos lugares da memoria xudía en Tui. Inicio na Praza do Concello

14,00 h.: Sehudat Shabat (xantar do sábado) no Parador de Turismo “San Telmo” de Tui, organizado en colaboración coa Asociación Galega de Amizade con Israel.

Menú
- Ensalada de Cogombro en Vinagre de Sidra e Mel de Acacia

- Surtido de Queixos e Cecina

- Filetes de Salmón ao fiúncho con Arroz e Froitos Secos

- Mazá Asada con Mel e Peixes Amendoados

- Pan: de Bola, de Pasas e Noces

Prezo 35€ a reservar na recepción do Parador: 986.600300

Domingo 4 de setembro:

11,30 h.: Visita guiada aos lugares da memoria xudía en Tui. Inicio na Praza do Concello.

 

O Alcalde tudense salientaba como esta Xornada tense consolidado nos catro anos que leva celebrándose na nosa cidade cunha alto nivel de participación, tanto de veciños como de visitantes. Amais gracias a estas actividades o Concello de Tui promove o coñecemento e valorización do patrimonio cultural da cidade.  Moisés Rodríguez sinalou o interese deste Concello de Tui de integrarse na Red de Juderías española coa que veñen colaborando activamente nos últimos anos na celebración destas Xornadas Europeas da Cultura Xudía.

Pola súa banda a concelleira de cultura agradecía a colaboración da Asociación Galega de Amizade con Israel polo seu empeño en celebrar en Tui a segunda edición do Sehudat Shabat, no que está previsto que participen máis de cincuenta persoas, moitas chegadas dende diversos lugares de Galicia. Gratitude tamén para o Parador de Turismo “San Telmo” por acoller esta iniciativa, para a Catedral de Tui que organiza conxuntamente a exposición “Tui Sefarad”, para o Museo Diocesano, que facilita a visita á colección de “sambenitos”, ao historiador Suso Vila así como a senllos propietarios que permiten a visita as suas vivendas no decurso destas actividades.

 

Máis de 25 países se unen de novo un ano máis, para celebrar simultaneamente, o primeiro domingo de setembro, esta xornada que pretende achegar ao gran público o patrimonio cultural xudio.

 

En España, ás 21 xuderías da Red de Juderías de España, únese a colaboración de Madrid, Valencia, Castelló d’Empúries e Tui que teñen preparada unha programación especial cun amplo abano de actividades: visitas guiadas, exposicións, concertos, degustacións gastronómicas, etc.

Esta xornada, se celebra todos os anos dende 1999 e nesta ocasión celebramos a súa doceava edición, que en Tui será a quinta.  Está apadrinada polo Consello de Europa como un dos proxectos do Gran Itinerario Cultural Europeo do Patrimonio Xudío e ten por misión dar a coñecer o legado antigo e moderno dos nosos pobos e cidades.

 

Concretamente en España participan na Xornada 26 cidades, que son Ávila, Barcelona, Besalú, Cáceres, Calahorra, Córdoba, Estella, Girona, Hervás, Jaén, León, Monforte, Oviedo, Palma, Plasencia, Ribadavia, Segovia, Tarazona, Toledo, Tortosa e Tudela  todas elas membros da asociación pero ademáis participan as cidades de Madrid, Sevilla, Valencia, Lucena, Castelló d’Empúries e Tui.

 

Entre todas prepararon arredor de 150 actividades distintas cuxa información pódese atopar amplamente na web www.redjuderias.org , www.jewisheritage.org ou www.concellotui.org.