Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui aposta pola transformación da beira do Miño para convertela nun polo de atracción turística

15/11/2016

O Concello de Tui aposta pola transformación do entorno ribeireño do Miño ao seu paso polo termo municipal garantindo a súa conservación medioambiental e ao tempo para convertendo esta zona nun pólo de atracción turística que axude a revitalizar a economía da zona. No marco deste ambicioso proxecto executouse xa a primeira senda entre a rúa Olímpicos Tudenses e a vella Ponte Internacional.

Esta senda foi visitada esta mañá polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e a xefa provincial de Costas, Cristina de Paz, a quen o rexedor tudense quixo agradecer o seu esforzo para que esta infraestrutura sexa unha realidade. No percorrido estiveron acompañados polos concelleiros de Medio Ambiente, José Martínez Tato, e de Turismo, Laureano Alonso.

A obra foi executada por Costas cun orzamento de 80 mil euros e supuxo unha actuación sobre 286 metros cadrados de senda, realizando 72 metros cadrados de escada xunto a Ponte Internacional para dar acceso á Avenida de Portugal, e se construíron 22 metros lineais de escolleira.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que a senda visita hoxe ten un carácter simbólico, xa que supón o inicio da transformación do entorno ribeireño, salientando que era unha actuación necesaria que mellorou de forma notable o acceso dende a rúa Olímpicos Tudenses, onde están situados os clubs de remo, piragüismo e o Centro Interfederado, ata a vella Ponte Internacional.

Dende o Concello trabállase agora en poder realizar sendas fluvial que comuniquen toda a beira do Miño no termo municipal dende o límite con Salvaterra ata Tomiño, proxectos que o alcalde presentou tamén hoxe á xefa provincial de Costas, quen se comprometeu a colaborar na medida das posibilidades do seu departamento.