Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acolle tres cursos de competencias dixitais para mulleres

12/08/2022

O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui en Guillarei acollerá do 1 de setembro ao 11 de outubro tres cursos do programa GALEGAS DIXITAIS que ten como finalidade a formación para a dixitalización de mulleres desempregadas, organizado por beProject Consultores e Ara Formación e no que colabora o Concello de Tui. 

As mulleres que realicen esta formación, con carácter gratuíto, recibirán ao remate título oficial acreditativo. 

Do 1 ao 13 de setembro  impartirase o curso de “Competencias dixitais básicas”. Do 15 ao 27 de setembro celebrarase o curso de “Competencias dixitais avanzadas” e por último entre o 29 de setembro e o 11 de outubro celebrarase a acción “Competencias dixitais para o emprendemento”. Nos tres casos será en horario de 9 a 14 h. 

As mulleres interesadas poden inscribirse en galegasdixitais.es, no teléfono 986 60 32 28, no WhatsApp 604 039 575 ou no correo pontevedra@galegasdixitais.es. Ao remate da formación as mulleres participantes recibirán un ordenador portátil de agasallo.