Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acolle mañá o primeiro Job Day da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

1/07/2014

 

Luns, 30 de xuño de 2014. Mañá, 1 de xullo, celébrase no edificio da Área Panorámica de Tui o primeiro Job Day da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal organizado pola GNP-AECT, en colaboración con EURES-T, AIMMAP, ASIME e  a Eurociudade Tui-Valença, 

 

A inauguración está prevista ás 10.30h  a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro,  a directora da AECT, María Geraldes, o presidente de ASIME, Julio Gómez, o presidente da Direçao da AIMMAP, Aníbal José da Costa, o presidente da CCDRN-N e da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, Emídio Gomez, o delegado rexional do Norte do Instituto de Emprego e Formación Profesional de Portugal, César Ferreira, e da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. Tras o acto inaugural as autoridades realizarán unha visita institucional ao certame.

 

Ás 12h comezará o primeiro debate co tema "As Pemes como motor de crecemento no período 2014-2020" Ás 13h abordaranse "Os desafíos empresariais da innovación industrial". Xa pola tarde, ás 16h debaterase sobre "O Mercado de traballo transfronteirizo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal" e  unha hora despois sobre o "Período de financiamento comunitario 2014-2020 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal".