Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acolle a acción formativa "Reciclatex. Competencias básicas para a xestión de reciclaxe de resíduos textiles"

2/09/2016

 A próxima semana comezará en Tui a acción formativa "Reciclatex. Competencias básicas para a xestión de reciclaxe de resíduos textiles" grazas a colaboración do Concello de Tui coa Fundación Social Emaús. Este curso realizarse en colaboración coa Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, e co apoio do equipo técnico de inclusión dependente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Impartirase no centro municipal de formación do Concello de Tui, dende o 6 de setembro ao 15 de novembro, os martes e xoves de 9:30 a 13:30

Con esta acción formativa, preténdese fomentar a adquisición e mellora das competencias sociais e profesionais, mediante a impartición dunha formación básica e de tipo laboral específica e adaptada ás necesidades das persoas en situación de exclusión social residentes no municipio de Tui.

Os interesados en realizar o curso poden contactar con Emaús Fundación Social, na Ronda de Don Bosco, 9, interior-baixo en Vigo ou no teléfono 986 22 02 84.