Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A tudense Silvia Villaverde ganadora de novo do concurso de carteis das festas de San Telmo

8/03/2010

A TUDENSE SILVIA VILLAVERDE GAÑA POR SEGUNDO ANO O CONCURSO DE CARTEIS DAS FESTAS DE SAN TELMO

 

Un total de 18 traballos se presentaron á convocatoria formulada pola Concellería de Cultura do Concello de Tui para a elección do cartel anunciador das festas de San Telmo 2010. O xurado reunido na mañá de hoxe acordou conceder o primeiro premio ao traballo presentado baixo o lema "Cores históricas", que unha vez aberta a correspondente plica resultou ser obra da deseñadora tudense Silvia Villaverde Míguez, que xa no pasado ano resultara a triunfadora neste concurso.

 

O xurado no seu fallo resalta que a obra gañadora salienta, entre os traballos presentados, pola sua capacidade de comunicación. Tamén, aínda que non estaba previsto nosa bases, e a proposta do representante da Comisión de Festas de San Telmo acordouse conceder, pola súa orixinalidade, un accesit ao cartel titulado "O derradeiro dia", que resultou ser da autoria de Cándida Cabaleiro Barreiro, d Tui.

 

Coa resolución deste concurso a Concellería de Cultura tudense continúa apostando pola oferta aos deseñadores e creativos á hora da confección do cartel anunciador das festas patronais tudense, logrando deste xeito unha obra máis representativa e participativa. Para o concelleiro tudense de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, resulta satisfactorio manter nun nivel similar a participación con respecto ao pasado ano e que os traballos presentados melloraron en canto a calidade.

 

Os traballos presentados poden contemplarse ata o vindeiro venres na zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Edificio Área Panorámica de Tui.