Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Trinta e unha persoas comezaron a traballar no Concello de Tui nos últimos días

3/07/2014

Mércores, 2 de xullo de 2014. Un total de trinta e unha persoas se incorporaron coma traballadores no últimos días ao Concello de Tui en distintos postos.

Por unha banda dezasete persoas comezaron a traballar onte, 1 de xullo,no  Concello de Tui coma operarios, peóns e axudantes graza a concesión dunha axuda de 71.091,96 euros por parte da Deputación no marco do Plan de Conservación e Funcionamento de bens e servizos municipais de 2014.

Os Servizos Públicos de Emprego foron os responsables de realizar a selección do persoal entre as persoas desempregadas non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia.

Por outra parte tamén rematou nos últimos días o proceso de contratación de  tres auxiliares administrativos, un operario de mantemento electricista, un peón operario para o punto limpo, un encargado de mantemento do pavillón municipal e tres para as piscinas municipais, dous socorristas, un peón do cemiterio municipal, e un traballador social. Asemade onte comezou a traballar o novo arquitecto técnico municipal.  Dende o Concello de Tui anuncian amais a próxima convocatoria do proceso de selección de catro auxiliares da Policía Local.

Tamén en materia de formación informan dende o Concello de Tui do comezo a finais de xullo de dous cursos de formación, un de "Montaxe  mobles e elementos de carpintería" e outro de "Instalación de elementos de carpintería" con quince alumnos cada un. Os interesados en realizar estes cursos débense inscribir na Oficina de Emprego.