Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Trilho Nocturno do Monte do Carvalho o próximo sábado 16 de xullo dentro do Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade

6/07/2016


O sábado 16 de xullo realizarase unha nova andaina do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, o “Trilho Nocturno do Monte Carvalho”, que terá a saída ás 22.00 horas españolas, dende a igrexa matriz de Fontoura, cun percorrido de 10 quilómetros, de dificultade fácil/moderada, e unha duración aproximada de catro horas.


Como nas andainas anteriores, é necesaria a inscrición previa, a través do enderezo electrónica caminhadas.andainas@gmail.com / celtasdominho@gmail.com /
clubandatui@gmail.com, cun custe da andaina é de 5€ por persoa e de 3€ para menores de 12 anos, sendo o día límite de inscrición o día 13 de xullo.


O punto de encontro alternativo para aquelas persoas que non coñezan o punto de encontro será no parque de estacionamento da rotunda de San Pedro da Torre, ás 21.40 horas españolas.


Dado que o percorrido será nocturno, é obrigatorio levar lanterna.


Toda a información referente ao Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables ”.