Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tres tudenses participarán no Campionato de Europa de Policías e Bombeiros

11/06/2016


Alicia Araujo, Ignacio Vilaboa e Avelino Martínez, competirán en distintas disciplinas do campionato durante o fin de semana


 


Esta fin de semana celébrase en Huelva o Campionato de Europa de Policías e Bombeiros , no que o Concello de Tui terá tres representantes participando en cinco disciplinas deportivas, triatlón, natación, judo, jiujitsu e TCA.


Así, Alicia Araujo, policía nacional tudense, competirá na modalidade de natación en augas abertas e triatlón. A triatleta participou fai dúas semanas na triatlón Tui-Porriño, o que a serviu como un bo adestramento para ambas as dúas disciplinas.


Ignacio Vilaboa, militar con sede en Pontevedra, integrante do Judo Club Tudense, competirá na modalidade de judo.


Por último, o policía local do noso concello, Avelino Martínez, participará en varias disciplinas, natación en 50 metros libres, jiujitsu, judo, no que xa acadou ata seis preseas nas últimas catro edicións (Pontevedra, Valencia, Tenerife e Bruselas), e TCA, que é unha combinada formada por oito probas, cross de 5.000 metros, lanzamento de peso, 100 metros lisos, 100 metros de nado libre, trepa de corda, press banca, dominadas e carreira de obstáculos).


O Concello de Tui desexa moito éxito aos nosos deportistas nestes Campionatos de Europa de Policías e Bombeiros.