Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Torneos de fútbol, fútbol sala e padel durante a Semana Santa en Tui

21/03/2016


Máis de 100 xogadores competirán no pavillón deportivo novo e no pavillón do CEIP de Randufe no I Torneo Randufe Futsal


 


Na Semana Santa disputaranse en Tui varios torneos deportivos, que congregarán a un elevado número de deportistas de distintos puntos geográficos.


I Torneo Randufe Futsal


O Randufe Fútsal, en colaboración co Concello de Tui, organizará o I Torneo Randufe Futsal, no que seis equipos competirán en tres categorías, xuvenil, cadete e infantil, no pavillón deportivo municipal novo e no pavillón deportivo do CEIP de Randufe.


Os clubs participantes serán o Club Deportivo Unión, Segosala (Segovia),  Zona Fut (Valença), Futsal Morrazo, Vigo 2015 e o club organizador, Randufe Futsal.


As finais terán lugar a partir das 19.00 horas do venres 25, no novo pavillón deportivo municipal de Tui.


Torneo de Padel en Semana Santa


O Club Padel Tui organiza, do xoves 24 ao domingo 27 de marzo, o I Torneo de Padel Eurocidade, na pistas de padel do pavillón de Areas e da piscina municipal de Valença, no que haberá diferentes categorías, cunha participación de ao redor de 60 participantes.


Campionato Interbarrios en Ribadelouro


O Club Deportivo Ribadelouro, en colaboración co concello de Tui, organiza o Campionato Interbarrios, no campo de fútbol municipal de Santa Columba. Será o xoves, 24 de marzo e o venres 25, coa participación dos equipos de Mallón, Magdalena, Fernal e San Simón.