Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Títeres Trompicallo presenta o venres no Teatro Municipal, "Violeta coletcas contra as salchicas ¡glup!"

20/10/2009

Títeres Trompicallo presenta "Violeta Coletas contra as salchichas ¡glup!"

É unha obra para público familiar. Comezará o venres ás 20h

 

Martes, 20 de outubro de 2009.  O público familiar é o destinatario da obra de monicreques programada para este venres, 23 de outubro, no Teatro Municipal de Tui. Chegará da man da compañía Títeres Trompicallo que porá en escena a obra "Violeta Coletas contra as salchichas ¡glup!".

 

Violeta, a protagonista, é unha nena que quere crecer porque non lle gusta que lle digan o que ten que facer, quere escoller que ninguén lle dea ordes. Ela prefire comer salchichas a acelgas, e dende logo non cambia a tele por ter que ir estudar. Pero de repente algo acontece e todo cambiará.

 

Esta obra foi escrita por Luís González e Marián González, asumindo tamén esta última a dirección do espectáculo. Mentres Luís González e Sabela Amado son os titiriteiros que dan vida aos distintos personaxes da historia, e Ignacio Sanz é o responsable da música orixinal. Nesta ocasión a compañía conta coa colaboración do artista plástico Quique Bordell. A obra foi estreada o pasado mes de xuño, está indicada para público familiar e nenos maiores de 6 anos e ten unha duración de 50 minutos.

 

A cita é este venres, ás 20h, no Teatro Municipal de Tui. As entradas están xa á venda en www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica. As localidades teñen un prezo xeral de 3€, 2€ con desconto e tamén para os menores de 12 anos.

 

Títeres Trompicallo creouse en 1997 da man de Marián González, Eva Sanz e Luís González. Dende entón teñen producido varios espectáculos coma "Manoladas", "Drácula", "Jiñol", "Manolito Camaleón" e "Nadarín".  Trompicallo é unha das compañías máis exitosas dentro do panorama do teatro galego de  monicreques.

 

Títeres Trompicallo con "Violeta Coletas contra as salchichas ¡glup!"

Lugar: Teatro Municipal

Data e hora: Venres, 23 de outubro ás 20h

Entradas: 3€ adultos - 2€ con descontos e menores de 12 anos

Venda de entradas na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30 no despacho de billetes