Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Teatro Ensallle con "La estrategia del avestruz" pecha mañá a programación do primeiro semestre do Teatro Municipal

28/05/2009

Será mañá venres ás 21.30h no Teatro Municipal

Teatro Ensalle presenta "La estrategia del avestruz"

Esta representación pecha a programación cultural do primeiro semestre

 

Xoves, 28 de maio de 2009. A compañía independente Teatro Ensalle de Vigo é a responsable de pechar a programación do primeiro semestre de 2009 no Teatro Municipal de Tui. Será este venres ás 21.30h coa representación de "La estrategia del avestruz".

 

Trátase dunha proposta de teatro contemporáneo dirixida por Pedro Fresneda e interpretada por Raquel Hernández, Artús Rei, David Santos e Gabriel Celester. Amais a obra conta con música de David Santos e Gabriel Celester.

 

A obra non sigue a liña dramática habitual senón que presenta a catro personaxes e o desenvolvemento das súas relacións. Sobre o escenario plásmase o tránsito dos protagonistas e o encontro entre eles que provoca o seu fortalecemento. Este texto teatral ten amais un ton bastante cómico xa que os actores fan todo o contrario do que din.

 

Teatro Ensalle estivo de xira con esta obra por Sudamérica e por toda España. Amais compre salientar que gañaron o premio ao Mellor Espectáculo e Mellor actriz no Festival de Teatro de Santander.

 

A compañía leva 14 anos sobre os escenarios cunha aposta de creación e investigación cunha posta en escena elaborada.

 

As entradas para este espectáculo están xa á venda en www.culturatui.info até mañá venres ás 19h. Pódense mercar tamén mañá dende ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica o venres dende ás 20h. O prezo xeral é de 5€, 3€ con desconto e 2€ para os menores de 12 anos.

 

Teatro Ensalle con "La estrategia del Avestruz"

Data e hora:  Venres 29 ás 21.30h

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Venda de entradas:

-          En www.culturatui.info até o venres ás 19h

-          No despacho de billetes da Área Panorámica o venres dende ás 20h.

-          Prezos: 5€ - 3€ con desconto - 2€ menores de 12 anos