Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Teatro e música amenizan o venres de San Telmo

21/04/2022

Tui prepárase para vivir os días grandes das festas de San Telmo. Mañá venres teatro e música centran a programación prevista.

A carpa da Corredoira acollerá dende ás 18 h un novo espectáculo para público familiar da man de Culturactiva que presenta o espectáculo “Saaabor!” protagonizado por Félix Rodríguez e Fran Rei e dirixido por Avelino González.  Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo.

Xa partir das 21 h no Teatro Municipal o grupo de teatro Chrilomirlo da Asociación Cultural Xuntanza será o encargado de a XII Semana de Teatro Afeccionado que comezou o pasado martes. Baixo a dirección de Areta Bolado estrearán “O enfermo imaxinario” de Moliere. Doces actores e actrices darán vida a esta comedia “levada ao noso terreo” coma indicaban esta mañá dende o grupo de teatro Chirlomirlo que destacaban coma levan 65 anos facendo teatro en Randufe. As entradas están á venda, ao prezo de 2€, até mañá ás 18 h en www.tui.gal e mañá dende ás 20 h, sen numerar, no despacho de billetes.

Na parte musical a orquestra Assia será a encargada da segunda verbena das festas na rúa Compostela, con dous pases o primeiro ás 20.30 h e o segundo ás 00 h.  A música volve tamén mañá á carpa no Paseo da Corredoira, ás 22.30 h con Rockin’ Gina & The Sentinels cun directo cheo de enerxía no que interpretarán temas propios xunto a versións dos anos 50.

Por outra parte, debido á previsión de choiva, os dous pases do pasarrúas pasarrúas “Rufina & Benito” de Troula Animación foron trasladados para o luns no mesmo horario.

Venres 22

  • 18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación teatral de Culturactiva con “Saaabor!”.
  • 21.00h – 22:30 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe. Estrea de “O enfermo imaxinario”
  • 20.30h – 22.30 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Assia.
  • 22.30h – 00.00 h Na carpa da Corredoira, actuación de Rockin' Gina & The Sentinels.
  • 00.00h – 01.0 0h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Assia.