Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Teatro do Atlántico representa mañá sábado en Tui “O principio de Arquímedes”

26/02/2016


Será ás 20h no Teatro Municipal. As entradas están á venda ao prezo de 6€ e 4,5€.


Mañá sábado, 27 de febreiro, ás 20h o Teatro Municipal de Tui acolle a representación de “O principio de Arquímedes” da man de Teatro do Atlántico. É unha obra dirixida por Xulio Lago e interpretada por María Barcala, Toni Salgado, Alberto Rolán e Marcos Vieitez.


Baseada no texto de Josep M. Miró i Corominas conta a historia dun adestrador de natación sobre o que cae a sospeita de ser un pederasta. Hai tantos argumentos que corroboran a sospeita coma que a converten en infundada. O  medo fai crecer coma unha bola esta sospeita sobre un feitos que ofuscan aos pais. O monstro do medo desemboca en violencia.


“O principio de Arquímedes”  foi estreada en marzo de 2015. Con esta obra Teatro do Atlántico cumpre 30 anos de actividade ininterrompida dende a súa fundación no ano 1985. Dende entón ten producido máis de trinta espectáculos. Galicia é o marco referencial da súa actividade pero teñen actuado tamén por toda España e no estranxeiro. Na súa traxectoria figura tamén numerosos premios ao mellor espectáculo, mellor actor e mellor actriz principal e secundario, mellor dirección ou mellor escenografía.


As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado pola tarde dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 6€ e 4,5€.


Teatro do Atlántico con “O principio de Arquímedes”


Lugar: Teatro Municipal de Tui


Data: Sábado, 27 de febreiro, ás 20h


Entradas: