Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Talia Teatro presenta o venres en Tui o seu espectáculo "Palabras encadeadas"

10/02/2010

Será o venres ás 21.30h no Teatro Municipal

Talía Teatro presenta "Palabras encadeadas"

O aforo está limitado a 200 espectadores

 

Xoves, 4 de febreiro de 2010. Toño Casais e María Ordóñez son os dous actores que dan vida a un psicópata e unha enfermeira, os protagonistas de "Palabras encadeadas". Esta é a obra que este venres representa Talía Teatro en Tui. A cita será ás 21.30h no Teatro Municipal.

 

Baseada no texto homónimo do catalán Jordi Galcerán "Palabras encadeadas" narra a historia dun psicópata e a súa vítima, secuestradas nun espazo sen posibilidade de fuxida aparente. Este é un thriller psicolóxico no que o manexo do suspense e os xiros dramáticos irán sorprendendo ao espectador, levándoo a un lugar onde a liña divisoria entre a verdade e a mentira se dilúe.

 

Artur Trillo dirixe desta produción que foi estreada en abril do ano pasado en Cee.

Talía Teatro  dende a súa constitución hai vinte ano estreou vinte cinco espectáculos, dos que actualmente mantén en repertorio sete de distintos formato.  A súa liña de traballo caracterízase por enfocar as súas montaxe para un amplo abano de público dende o infantil ao adulto.

Debido a exixencias da escenografía o aforo do espectáculo está limitado a 200 persoas.  As entradas están xa á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 18.30h, e o venres dende ás 20h poderanse mercar no despacho de billetes da Área Panorámica. Os prezos das localidades son 6 e 4 €.

 

Talía Teatro con "Palabras encadeadas"

Data e hora:  Venres, 12 de febreiro, ás 21.30h

Lugar: Teatro Municipal

Prezos: 6€- 4€

Venda de entradas: na web www.culturatui.info até o venres ás 18.30h, e o venres dende ás 20h no despacho de billetes

Máis información en www.taliateatro.es