Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Suspendido o mercado semanal dos xoves até o 17 de febreiro

27/01/2021

O Concello de Tui informa que ante a actual situación epidemiolóxica e o incremento na intensidade das restricións establecidas pola Xunta de Galicia para toda a comunidade autónoma coa finalidade de conter as cifras inéditas que estamos a vivir, durante as próximas tres semanas – até o próximo 17 de febreiro- suspenderá o mercadillo semanal dos xoves como medida para poñer freo a transmisión do coronavirus reducindo ao mínimo imprescindible a interacción social e a mobilidade.

Dende o Concello de Tui adoptamos esta medida por responsabilidade e solidariedade e sumámonos as palabras do presidente da Xunta no senso de que o obxectivo é “salvar todas as vidas posibles” e saír o antes posible de esta terceira ola, agravada ademais pola penetración de novas cepas como a británica.

 

 Bando suspensión mercado dos xoves - 27012021