Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Sesión vermú con música os sábados e domingos de marzo na rúa Compostela

3/03/2022

Dinamizar a zona e impulsar a actividade dos locais de hostalería é o obxectivo da iniciativa “Vermuteando na Compostela” posta en marcha polo Bar Amazonas, Entre Horas, Puro Sabor e Xeitoso coa colaboración do Concello de Tui e de EMPRETUI

Os sábados e domingos deste mes de marzo, dende ás 12h, estes catro locais crean unha ruta na que se poderá degustar un vermú acompañado dun pincho e coa ambientación musical de dj`s.  Entre todas as persoas que ao longo do mes disfruten da iniciativa sortearase unha estancia en Cantabria, e outra nas Cabanas da Ulla.

“Vermuteando na Compostela” comeza xa este sábado 5 de marzo e o domingo 6 dende ás 12 h.