Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Seminario sobre odontoloxia equina ao abeiro da exposición "Ceibes no monte"

18/02/2010

SEMINARIO SOBRE "ODONTOLOXÍA EQUINA" NO TELECENTRO DE TUI AO ABEIRO

DA EXPOSICIÓN  "CEIBES NO MONTE"

 

Será o vindeiro día 22 de febreiro entre as 19:30 e 21:30 horas coa presenza do veterinario e especialista en odontoloxía e cirurxía maxilofacial D. Antonio Pedro da Silva Pereira 

 

 

Xoves, 18 de febreiro de 2010. Co gallo da exposición "Ceibes no monte: patrimonio vivo na Terra de Turonio", que acolle, ata o 26 de febreiro, o edificio da Área Panorámica (r/Colón nº2) organizada polo Instituto de Ensino Secundario Terra de Turonio de Gondomar coa colaboración da Concellería de Cultura de Tui, realizarase tamén un seminario de "Introducción a la Odontología Equina y su importancia en la Nutrición y Monta del Caballo de Deporte". O ponente será o veterinario, especialista en odontoloxía e cirurxía maxilofacial D. Antonio Pedro da Silva Pereira. O acto será no Telecentro tudense, ubicado no mesmo Edificio Área Panorámica, o vindeiro luns 22 de febreiro entre as 19:30 e as 21:30 horas.

 

O seminario está organizado pola Federación Hípica Galega e a inscrición para todas aquelas persoas interesadas en asistir debe formalizarse no establecemento Hípica Marcos, no teléfono: 609.884.884

 

"Ceibes no monte: patrimonio vivo na Terra de Turonio" trátase dun traballo interdisciplinar que aborda a realidade cultural dos cabalos salvaxes nos montes das nosas comarcas. Este patrimonio cultural ten a súa xénese nun marco xeográfico de referencia, a Terra de Turonio. Unha das manifestacións máis enraizadas na tradición dos seus habitantes é a gandería cabalar en liberdade nos seus montes, os cabalos "ceibes no monte".


Nesta exposición podemos achegarnos ao medio natural da Terra de Turonio, ao monte comunal da nosa bisbarra, os cabalos de pura raza galega, os curros da Terra de Turonio e os cabalos na arte, cunha referencia á obra singular do escultor tudense Juan José Oliveira, contando con varios obras súas nesta exposición.