Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Sarabela Teatro trae a Tui “Cristovo e o libro das Marabillas”, este venres ás 20,00 h. no Teatro Municipal

1/10/2008

Sarabela Teatro trae a Tui “Cristovo e o libro das Marabillas”

O espectáculo será este venres ás 20h no Teatro Municipal

 

Mércores, 1 de outubro de 2008. A compañía ourensá Sarabela Teatro presenta este venres en Tui a súa montaxe “Cristovo e o libro das Marabillas”. Trátase dun espectáculo cheo de imaxinación, que fará sorrir ao público e gozar co seu son. A cita é  o venres ás 20h no Teatro Municipal.

Con esta obra Sarabela volve atoparse co seu público máis novo. A obra foi creada e está dirixida por Fina Calleja que botou man das figuras de Cristóbal Colón e Marco Polo e das súas aventuras para levarnos por unha viaxe extraordinaria cara ao mundo do coñecemento. O pequeno Cristovo, un neno moi curioso, é o protagonista desta historia, que percorre grazas ao libro “Sofía e o libro das Marabillas”.

Sobre o escenario estarán Fernando Dacosta, Tito Asorey, Sabela Gago, Elena Seijo e a propia Fina Calleja. José Bayón e Rubén Dobaños son os manipuladores dos monicreques que aparecen en escena. Contan amais coa colaboración especial de Ánxeles Cuña.

“Cristovo e o libro das marabillas” é unha obra de teatro infantil dirixida a un público familiar a partir dos seis anos. Pequenos e maiores disfrutarán desta viaxe imaxinaria, chea de corido e sons.

As entradas poranse á venda ás 18.30h no despacho de billetes na Área Panorámica ao prezo de 3€ para adultos, 2,5€ con desconto, e 2€ para os menores de 14 anos.

 

Sarabela Teatro con “Cristovo e o libro das Marabillas”

Data: Venres 3 de outubro ás 20h

Lugar: Teatro Municipal de Tui, rúa Colón nº2 de Tui

Venda de Entradas:  dende ás 18.30h

Prezos: 3€ - 2,5€ con desconto – 2€ menores de 14 anos