A sala de exposicións da Área Panorámica acolle unha exposición de cadros ao óleo e arte con teas
3/10/2017
A mostra con traballos de María Luísa Crespo e María Jesús Prieto pódese visitar de 10h a 14h e de 16h a 20h
Dende hoxe e até o 23 de outubro pódese visitar na sala de exposicións do edificio da Área Panorámica unha mostra de cadros ao óleo e arte con teas. Trátase dunha mostra do traballo de María Luísa Crespo na parte de pintura e María Jesús Prieto na parte de traballos con tecidos ou patchwork que se pode visitar pola mañá de 10h a 14h e pola tarde de 16h a 20h.