Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Sala de Exposicións acolle a mostra de fotografias "Ultreia, o Camiño de Santiago"

3/07/2007

 A SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓN ACOLLE A EXPOSICIÓN “ULTREIA. O CAMIÑO DE SANTIAGO” CON FOTOGRAFIAS DE  JOSE ANTONIO ROBÉS 

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui (ubicada no edificio “Área Panorámica” na rúa Colón, 2) acolle dende onte, lúns 2 de xullo, unha exposición de fotografías que baixo a denominación de “Ultreia: o camiño de Santiago” fornece unha viaxe fotográfica por distintos puntos do Camiño de Santiago realizadas por José Antonio Robés Cuadrado. A obra de Robés, case sempre en branco en negro, fala de ambientes, xestos, sensacións, lugares... As súas fotografias, técnicamente clásicas, son rabiosamente innovadoras porque logran espertar nos que as observan impresións descoñecidas ata o momento, a través de imaxes que mostran situacións seguramente xa gravadas na retina. “Ultreia” é unha colección que nos mostra outro Camiño de Santiago, un camiño baseado nas viviencias dos seus protagonistas, os peregrinos, que percorren as corredoiras galegas ao longo da súa viaxe ata chegar a Santiago.Esta colección de fotografias achégase ata Tui no marco do proxecto “Traslatio”, que está financiaco pola Iniciativa Comunitaria Interreg III, Galicia-Norte de Portugal. O principal obxectivo deste proxecto “Traslatio” é a promoción do camiño portugués como un itinerario cultural europeo da nosa eurorrexión, recuperando e revitalizando diversos elementos do patrimonio histórico, arquitectónico, etnográfico e cultural deste camiño de Santiago.A exposición amosase en Tui baixo a coordinación da Fundación Comarcal Baixo Miño, e estará aberta ata o sábado 14 de xullo en horario de lúns a venres de 9,00 a 14,00 e de 16,30 a 20,30 horas e os sábados de 09,00 a 13,00 horas.O Concelleiro de Cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, congratúlase da presenza desta exposición na nosa cidade pois contribue, sen dúbida, a remarcar o importante papel que desenvolve a cidade de Tui no camiño portugués de peregrinación, como porta de entrada a Galicia. Un itinerario que, engade Rodríguez Pérez, é cada vez máis transitado como pódese comprobar nestas xornadas na nosa cidade, a exposición de seguro que resultará de interese para peregrinos, turistas e veciños de Tui.