Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Reunións informativas sobre compostaxe e entrega de composteiros individuais mañá xoves en Guillarei e Paramos

16/11/2022

Guillarei e Paramos acollerán mañá xoves, 17 de novembro, dúas novas reunións sobre o Plan Municipal de Compostaxe.

A cita será ás 19.30 h no Centro Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, e ás 21.00 h no Centro Cultural Laxes de Paramos.

En ambos casos informarase sobre o Plan Municipal de Compostaxe abordando que é a compostaxe ou cómo compostar. As persoas que asistan poderán solicitar no momento un composteiro individual de xeito gratuíto, para o que deberán cubrir na mesma reunión informativa o impreso de solicitude co nome e apelidos, enderezo, e referencia catastral entre outros.

A próxima semana, o xoves 24, está prevista unha nova reunión informativa ás 21 h no Centro Cultural Val de Flores de Baldráns.

A estas reunións pode acudir tanto a veciñanza destas parroquias coma doutras parroquias tudenses interesada na compostaxe ou en solicitar un composteiro individual. Asemade as persoas que desexen obter un composteiro individual ou un caldeiro para a compostaxe comunitaria nun dos seis centros situados no centro urbano poden solicitalo a través do correo compostaxe@tui.gal ou no teléfono 687 24 99 53.

Tamén se poden dirixir á Oficina de Biorresiduos e compostaxe do Concello de Tui, situada no Centro Municipal de Formación en Guillarei, no horario de atención á cidadanía os xoves 10 a 14 h.