Reunión informativa sobre o Plan Revitaliza de compostaxe comunitaria para os veciños da Avenida de Portugal
24/09/2016
O próximo mércores, 28 de setembro, ás 21h na escola unitaria de Ponte Internacional nas Bornetas celebrarase unha reunión informativa sobre os centros de compostaxe comunitaria dentro do plan Revitaliza.
Un mestre composteiro informará aos veciños do funcionamento deste plan de composteiros comunitarios ante a súa próxima implantación no municipio. En concreto á xuntanza convócase aos veciños da Avenida de Portugal dende a ponte do río Tripes ata a ponte internacional co obxectivo de incentivar a súa participación neste iniciativa.