Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Reunión informativa para hoxe luns, 21 de marzo, para a captación de socios para a estratexia local participativa do novo Programa Leader Galicia 2014-2020.

21/03/2016


A Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño convoca unha reunión informativa para hoxe luns, 21 de marzo, ás 20h na Casa da Cultura de Tomiño para a captación de socios para a estratexia local participativa do novo Programa Leader Galicia 2014-2020.

Esta convocatoria vai dirixida a a asociacións, clubs deportivos, comunidades de montes… e distintas entidades que poidan estar interesados.  Haberá outra reunión similar mañá martes, 22 de marzo, ás 20h na Axencia de Colocación de Mos.

O pasado día 2 de marzo, foron publicadas no DOGA as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014 – 2020.

Para a elaboración desta estratexia, é fundamental a participación activa das comunidades locais no seu deseño, que supoña un fluxo de información e unha influencia real no proceso de toma de decisións. A participación está aberta a todos os sectores públicos e privados do territorio, incluíndo a todos os colectivos que queiran participar.