Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Reunión coas comunidades de augas mañá xoves na casa do concello

4/03/2026

Este xoves, 5 de marzo, ás 20 h no salón de sesións da casa do concello de Tui celebrarase unha reunión , co Consorcio de Augas do Louro, dirixida a todas as Comunidades de Augas das distintas parroquias tudenses.

O obxectivo do encontro é dar un primeiro paso para identificar e coñecer a situación e características de cada unha das traídas veciñais de cara a analizar a vulnerabilidade da rede de abastecemento ante posibles episodios de seca. 

É moi importante a asistencia de representantes das distintas Comunidades de Augas para así poder levar a cabo unha diagnose real da situación do abastecemento de auga en Tui.