Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Resumo das axudas, bolsas, formación... publicadas nos boletíns oficiais do 11 ao 17 de setembro

18/09/2017

Semanalmente dende o Centro de Formación do Concello de Tui recompílanse as bolsas, axudas, ofertas de formación... publicadas nos distintos boletíns oficiais. Estas son as correspondentes á semana do 11 ao 17de setembro.

Luns, 11 de setembro de 2017                                                                                                         

Premios música, danza Artes plástica, deseño            

ORDE do 31 de agosto de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2016/17. DOGA

Axudas a centros protección menores               

ORDE do 1 de setembro de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social e se convocan para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. DOGA

Martes, 12 de setembro de 2017                                                                                                                 

Becas formación Senado       

Acuerdo de 5 de septiembre de 2017, de la Mesa del Senado, por el que se convocan becas de formación archivística, documental y bibliotecaria, relacionada con la actividad oficial del Senado BOE

Becas formación Senado       

Acuerdo de 5 de septiembre de 2017, de la Mesa del Senado, por el que se convocan becas de formación sobre comunicación institucional, interna y externa, relacionada con la actividad oficial del Senado. BOE

Premios estudos políticos e constitucionais     

Orden PRA/868/2017, de 5 de septiembre, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de premios por el Centro de Estudios Políticos y Constitucionales. BOE

Xoves, 14 de setembro de 2017                                                                                           

Axudas para master   

ORDE do 1 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2017/18. DOGA

Cursos protección civil          

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2014-2020 de Galicia. DOGA

Cursos emerxencias, protección civil, incendios, salvamento                              

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se convocan cursos de formación continua para os xefes ou responsables dos servizos de extinción de incendios e salvamento, xefes ou responsables dos grupos de emerxencias supramunicipais e xefes ou responsables dos servizos municipais de protección civil e emerxencias da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2014-2020 de Galicia. DOGA

Axudas froita, castañas e leite para colexios               

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2017 pola que se modifica a Resolución do 13 de xuño de 2017 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2017/18, e de convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2018/19. DOGA

Venres, 15 de setembro de 2017                                                                                                     

Cursos emerxencias,protección civil, incendios, salvamento                            

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se convocan cursos de formación continua para os servizos de extinción de incendios e salvamento, grupos de emerxencias supramunicipais e servizos municipais de protección civil e emerxencias da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2014-2020 de Galicia. DOGA

Cursos protección civil          

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se convocan cursos de formación continua para os/as responsables das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2014-2020 de Galicia. DOGA

Cursos protección civil          

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se convocan dúas edicións dun curso sobre formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA) para persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2014-2020 de Galicia. DOGA

Cursos emerxencias, protección civil, incendios, salvamento    

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se convocan dúas edicións dun curso sobre formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA) para o persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento, grupos de emerxencia supramunicipais e servizos municipais de protección civil e emerxencias da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2014-2020 de Galicia. DOGA

Cursos protección civil

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se convocan dúas edicións dun curso sobre actualización anual na formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA) para persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2014-2020 de Galicia. DOGA

Cursos emerxencias, protección civil, incendios, salvamento                            

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se convocan dúas edicións dun curso sobre actualización anual na formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA) para persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento, grupos de emerxencia supramunicipais e servizos municipais de protección civil e emerxencias da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2014-2020 de Galicia. DOGA