Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Restricións no tráfico na rúa Colón por obras mañá martes e o mércores

8/08/2016


A rúa Colón de Tui será obxecto tanto mañá martes coma o mércores de obras polo que haberá restricións ao tráfico na mesma.


Así por unha banda mañá martes debido a obras de condución de augas pluviais do saneamento permanecerá pechado un carril de circulación dende o cruzamento coa rúa Augusto González Besada ata o cruzamento coa rúa Casal Aboy. O tráfico será desviado pola rúa Casal Aboy, polo que se solicita a colaboración cidadá non estacionando en dobre fila nesta rúa para garantir así a fluidez de tráfico na mesma.


Por outra parte o mércores executaranse os traballos de asfaltado e pintado da sinalización horizontal polo que estará prohibido o estacionamento en toda a rúa dende o cruzamento con Martínez Padín e Augusto González Besada ata a ponte do tren.