Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Restricións no estacionamento nas rúas Compostela, Casal Aboy e Colón

16/08/2016

Debido aos traballos de pintado de sinalización horizontal, mañá mércores dende as 8:00 da mañá non se poderá estacionar na rúa Compostela nin tampouco na rúa Casal Aboy dende o cruzamento coa rúa Compostela até a rúa Irmáns Maristas. 

Lémbrase tamén que debido aos traballos de asfaltado e pintado da sinalización na rúa Colón estará prohibido o estacionamento en toda a rúa dende o cruzamento con Martínez Padín e Augusto González Besada ata a ponte do tren.