Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción do Concello de Tui a Roi Rodríguez, padeeiro do Club Kaiak Tudense, Campión de Europa Sub23 en K1 1.000 metros

3/07/2014

Xoves, 3 de xullo de 2014. Maña venres, 4 de xullo, ás 13.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, terá lugar a recepción oficial que o Concello de Tui realizará ao padeeiro do Club Kaiak Tudense, Roi Rodríguez, que na pasada fin de semana se proclamou Campión de Europa Sub23, na proba K1 1.000 metros, e que tamén acadou o quinto posto na proba do K1 500 metros.

 

Nesta recepción estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, os concelleiros de Tui, os representantes e compañeiros do Club Kaiak Tudense, así como o padeeiro homenaxeado, Roi Rodríguez.