Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción a deportistas tudenses

18/06/2014

Martes, 17 de xuño de 2014. Mañá mércores, 18 de xuño, ás 20.15h no salón de sesións da Casa do Concello de Tui terá lugar un recibimento oficial aos deportistas tudenses que nas últimas semanas participaron en competicións nacionais e internacionais. A recepción correrá cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, do concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, xunto a outros membros da corporación municipal.

 

Mañá serán recibidos no Concello os padeeiros do Club Kaiak Tudense que participaron no Campionato de Europa de Maratón Iván Alonso (medalla de ouro en k2 e de prata en k1), Óscar Graña e Ramón Ferro (medalla de ouro en c2) e Manuel Garrido (4º posto). Así coma os remeiros do club Remo Tui Jesús González e Sergio Pérez que lograron a cuarta praza no europeo de remo. Amais de Gustavo Rodríguez e Aida Valiño tras o título nacional logrado na fin de semana, e o décimo posto de Gustavo Rodríguez no Mundial.