Recepción ás deportistas Subcampioas de España de Remo e a Campioa de España de Esquí Náutico e terceira clasificada
17/07/2013
Mércores, 17 de xullo de 2013. Este venres, ás 11.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, realizarase o acto de recepción das deportistas subcampioas de España de remo olímpico, Nuria Piña e Katia Cardoso, e a campioa de España de Esquí Náutico, Silvia Leiras, e á terceira clasificada neste mesmo campionato, Silvia Pequeño.
No acto estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, e outros membros do grupo de goberno de Tui.