Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción á delegación do club holandés de remo WaterSportVereniging Vada que estará en Tui ata o martes 19 de xullo

14/07/2016


Mañá venres, 15 de xullo, ás 11.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, terá lugar a recepción á delegación do club de remo holandés WaterSportVereniging Vada , que dende este martes está concentrado no Centro Interfederado de Tui convivindo cos deportistas do Club Remo Tui ata o martes 19 de xullo.


Nesta recepción estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes, Laureano Alonso, e demáis concelleiros do grupo de goberno, os directivos do Club Remo Tui, Francisco Javier Álvarez e Toñi Santana, así como os dez deportistas holandeses e as dúas adestradoras que os acompañan.