Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción aos participantes no proxecto europeo iDecide

9/09/2014

 

Luns, 8 de setembro de 2014. Mañá martes, 9 de setembro, ás 11h o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, recibirá na Aula CeMIT, no primeiro andar da Área Panorámica, aos participantes do programa iDecide que esta semana estarán en Tui.

 

Este proxecto iDecide está promovido pola Asociación make it Better en consorcio con Ligarte de Portugal, Pronexus e Municipalidad de Reggio Calabria (Italia) e Ecos do Sur e o Concello de Tui.  O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento dunha situación favorable que fomente a participación dos grupos máis novos na construción dunha Europa máis cohesionada e inclusiva.