Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción ao policía local tudense Avelino Martínez

23/07/2014

Recentemente acadou as medallas de ouro, prata e bronce nos V Campionatos Europeos de Policías e Bombeiros

Mércores, 23 de xullo. Maña, xoves 24, ás 13.00 horas, no salón de plenos da casa consistorial, terá lugar a recepción oficial do Concello de Tui ao policía local tudense, Avelino Martínez, que participou en Bruxelas nos V Campionatos Europeos de Policías e Bombeiros EUROPOLYB, acadando as medallas de ouro e prata en judo e bronce en juijitsu.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de tráfico e seguridade cidadá, Ángel Gutierrez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, outros concelleiros de Tui, así como compañeiros e familiares de Avelino.